- Artigo
- Particulares
- Seguridade e fraude
Esta era a chave Bizum
Desde hai uns anos en Bizum estamos a revolucionar a forma na que facemos transferencias e pagos en liña. Por iso, despois do éxito de Bizum como método de pago entre particulares, lanzamos a posibilidade de usar Bizum para pagar as compras en comercios en liña.
Para iso, lanzamos a clave Bizum, o primeiro método de dobre autenticación que creamos para confirmar pagos en liña de maneira rápida e segura. E aínda que hoxe en día a clave Bizum está en desuso, xa que se utiliza o método de solicitude de pago, contámosche todo sobre este antigo servizo de validación.
Que era a Clave Bizum?
A Clave Bizum era unha clave numérica persoal de 4 díxitos que funcionaba de forma similar a un PIN. Polo tanto, a clave Bizum era un sistema de seguridade que garantía a posibilidade de realizar pagos en liña de forma segura.
Grazas á clave Bizum, o usuario tiña un factor de autenticación que garantía que só o titular da conta puidese aprobar os pagos, engadindo unha capa adicional de seguridade.
Como se validaban as compras en liña coa Clave Bizum?
A clave Bizum funcionaba dunha forma moi sinxela, como todo o que ten que ver con Bizum. E, neste caso, con tres sinxelos pasos o usuario podía validar a súa compra:
1. O usuario seleccionaba a opción de pago con Bizum nas opcións da tenda en liña.
2. Engadía o seu número de teléfono e a súa clave Bizum.
3. Despois recibía unha clave do seu banco, encargado de validar cada operación.
4. E listo! O usuario só tiña que agardar a que chegase a súa compra e gozala!
Como validar compras en liña con solicitude de pago
Como todo nesta vida evoluciona. E, xa que en Bizum estamos á vangarda en temas de seguridade, incorporamos no noso servizo de comercios en liña un novo sistema de validación.
Este método denomínase “solicitude de pago” e, como o seu propio nome indica, o que fai é enviar unha solicitude ao usuario para que este confirme o pago na propia app do seu banco.
É unha forma de verificación dobre que proporciona un maior grao de seguridade, xa que se debe aceptar a compra desde a app do banco, cuxo acceso está protexido por usuario e clave.
Por iso, na actualidade todas as entidades migraron a este servizo, porque segundo avanza a tecnoloxía, avanza Bizum.
É seguro pagar en liña con Bizum?
Os pagos en liña con Bizum son totalmente seguros, inmediatos e moi cómodos! En ningún caso che cobraremos unha taxa por pagar con Bizum en comercios. Dentro da app do teu banco poderás consultar os movementos e compras realizadas con Bizum, xa que se fan directamente desde a túa conta bancaria.
Se en calquera momento detectas un pago que non recoñeces, ponte en contacto inmediatamente coa túa entidade bancaria. A través das súas canles de atención ao cliente
poden informarte de que pasos seguir para identificar o problema e, no caso de que sexa necesario, solicitar un reembolso.
Outros contidos
Trátase da normativa PSD2 que garante a seguridade nos pagos en liña con Bizum
Bizum, un método de pago seguro entre particulares
É seguro Bizum?
É posible cancelar Bizum?