Saltar ao contido principal

Cobro presencial

Se xa non levan efectivo, dilles «págame por Bizum»

Bizum é o novo cobro en man. Con el, cobras en persoa no teu negocio nun abrir e pechar de ollos. Adaptado ás túas necesidades e co teu negocio, literalmente, no peto da túa clientela.

Casos de éxito que o petan

O cobro presencial con Bizum estáo petando e chegou para quedar

O que comezou como unha revolución nas Administracións de Loterías y Apuestas del Estado xa chegou aos grandes eventos. Non paramos!

Loterías y Apuestas del Estado (SELAE). Pioneiros en dicir «Aquí cóbrase con Bizum». Implementaron o sistema de códigos QR para pagar e cobrar en segundos, sen esperas e directamente desde o móbil.

Hostalaría e grandes eventos. O cobro con Bizum tamén triunfa en bares, restaurantes e grandes eventos. Grazas a solucións de xestión de comandas, a túa clientela pode pedir e pagar con Bizum a través dun QR que pos á súa disposición. Adeus aos datáfonos lentos e problemáticos!

Como funciona para o teu negocio

Cobrar en persoa é tan sinxelo como mirar o móbil. Como che pagará a túa clientela en persoa? Fácil.

Hai tres formas moi sinxelas:

  1. Código QR ou ligazón: Non tes web? Non pasa nada, non a necesitas. Xera unha ligazón ou planta o QR do teu negocio, a túa clientela fai clic ou escanea e… listo! Cobrado ao instante!

  2. Número de teléfono: Esquece os leas. Pídelle o número ao teu cliente ou clienta, envíaslle a solicitude de pago e… cartos recibidos ao instante.

  3. Pago con NFC: A novidade! A túa clientela xa pode pagarte en persoa achegando o móbil ao datáfono coa súa app bancaria ou Bizum Pay. O mellor de todo? Cero complicacións. Funciona co teu TPV actual. Chama ao teu banco e actívao. Máis doado e rápido, imposible!

Súmate á revolución. Activa Bizum presencial

Esquece as complicacións e súmate á revolución de Bizum.

A túa clientela vai adoralo pola súa seguridade, sinxeleza e rapidez; a que agardas para activalo? Así de easy son os pasos:

  1. Contacta co teu banco. Fala coa túa entidade financeira para solicitar o servizo de cobro por Bizum para o teu negocio.

  2. Escolle a modalidade que mellor che encaixe. Sen complicacións técnicas.

  3. Comeza a cobrar! Coloca o logo no teu negocio para que a túa clientela saiba que pode pagar con Bizum.

Que vantaxes ten dar este salto?

Aínda non te convencemos? Ollo a estas vantaxes…

Paso 1:

Sinxeleza e rapidez extrema

Dous elementos que todo o mundo quere. Esquece as colas e as esperas. Bizum axiliza o teu negocio presencial con pagos que podes recibir ao instante ou unha vez ao día, segundo o que prefiras.

Paso 2:

Chao ao «non levo solto»

Xa non hai escusas. Ninguén sae da casa sen o móbil e, se levan o móbil… máis vendas espontáneas de persoas que só entran a mirar.

Paso 3:

Case todo o mundo é bizumer

Si, como o oyes. A túa clientela xa o usa; poñerllo doado para que che compre é un acerto seguro.

Paso 4:

Imaxe de negocio moderno e actualizado

Bizum colócate como un negocio moderno e demóstralle á túa clientela fiel e potencial que estás ao día.

Tes dúbidas? Respondémosche

Ver todas as preguntas frecuentes
Empresas

Hai un importe máximo por operación?

Para nada. Esquece os topes mensuais. Ao ser unha conta de negocio non se aplican límites.

Empresas

Canto cobra Bizum por cada operación?

Cero comisións. Bizum non aplica tarifas directas ao teu negocio.

Empresas

Que bancos e solucións ofrecen o pago presencial con Bizum?

Descobre a listaxe de bancos que xa permiten pagar con Bizum tanto de forma presencial como online.

Este sitio está rexistrado en wpml.org como un sitio de desenvolvemento. Cambia a unha clave do sitio de produción para remove this banner.