- Artigo
- Particulares
- Pagar con Bizum
Diferenzas entre o pago NFC e o pago Bizum
Cada vez é máis habitual pagar as compras co móbil. É tan fácil, rápido. Estar na cola dunha tenda ou nun supermercado e, simplemente con amosar o móbil, ¡pagado!
Pero… sabías que hai diferentes tecnoloxías para facer o pago a través do móbil? Así é, querido Bizumer. Por un lado, atopamos o sistema de pago NFC e, por outro, a través de QR, que sería o que utilizamos en Bizum.
Que é o pago NFC?
O pago NFC vén das siglas Near Field Communication. Que na súa tradución ao galego podería ser algo como «pagar a través dun campo próximo de comunicación». Isto quere dicir que é unha tecnoloxía que permite a comunicación entre dous dispositivos a curta distancia.
Normalmente de 4 cm é de xeito sen fíos. É dicir, para facer un pago NFC tan só tes que achegar o dispositivo 1, por exemplo, o teu móbil, ao dispositivo 2, que sería neste caso un TPV. E só con facer isto xa poderás intercambiar datos entre ambos os dous dispositivos para proceder a un cobro.
Existen dous tipos de comunicación neste tipo de tecnoloxía:
- – Bidireccional: onde dous dispositivos que teñen habilitado o NFC poden lerse e escribirse entre si.
- – Unidireccional: aquela comunicación na que un dispositivo que teña NFC le e escribe nun chip con esta mesma tecnoloxía. Por exemplo, se pasamos a nosa tarxeta no bus, inmediatamente retírase o diñeiro do noso saldo.
Ademais, trátase dun sistema de pago de alta seguridade, xa que ten verificación biométrica (pegada dactilar ou recoñecemento facial).
Como funciona o sistema de pago NFC?
Esta forma de pago é moi sinxela. Pero antes de comezar a usar o pago NFC, debes ter en conta tres cousas:
- 1. Ter un teléfono que incorpore o chip NFC.
- 2. Dispoñer dunha carteira virtual ou Wallet.
- 3. Que o comercio onde vaias realizar as túas compras acepte este método de pago.
Para saber se o teu teléfono móbil ten incorporado o chip que habilita o pago NFC, só terás que ir ao apartado «Axustes», buscar en «Dispositivos conectados», e se está dispoñible, activala. Así de fácil.
Bizum usa o pago NFC?
A resposta é sinxela: Non. Bizum non utiliza o pago NFC para facer transaccións comerciais. A que se debe? A que este é un sistema que exclúe aqueles dispositivos que non teñan esta tecnoloxía incorporada.
Cal é a tecnoloxía que utiliza Bizum para substituír o pago NFC?
O pago mediante QR é a tecnoloxía que utiliza Bizum para facer transaccións presenciais en comercios. Grazas a esta tecnoloxía, o comercio pode recibir o teu pago por Bizum sen necesidade de ter ningunha tecnoloxía extra no teu dispositivo máis aló da túa app bancaria.
Como funciona o pago por Bizum vs o pago NFC?
O pago por Bizum en comercios que o teñan habilitado é moi sinxelo. Por exemplo, no caso de querer pagar unha aposta nunha Administración de Loterías tan só tes que:
- 1. Entrar na sección de Bizum da túa app bancaria
- 2. Seleccionar «Pagar con Bizum» para xerar un QR.
- 3. Amósallo ao loteiro para que poida escanearlo. E listo!
No caso do pago NFC tamén é sinxelo, pero, como che diciamos:
- 1. Precisas dispoñer dun dispositivo que permita facer este tipo de pagos.
- 2. Activar e configurar o pago a través dunha aplicación tipo wallet
- 3. Activar este método de pago
- 4. Achegar o móbil ao dispositivo TPV.
É mellor o pago por Bizum que o pago NFC?
Ambas as opcións son seguras e rápidas. Pero o beneficio extra no caso de Bizum é que, ademais de ser universal, incorpora un dobre factor de validación: o código QR que confirma a transacción varía cada 15 minutos, que é o tempo estimado para a validez da operación, e cumpre coa directiva europea PSD2, a normativa de seguridade de pagos en comercio electrónico.
E agora que xa tes toda a información nas túas mans, cal dos dous métodos de pago prefires utilizar?
Outros contidos
Cales son as formas de pagar co teu teléfono móbil?
Cales son os tipos máis comúns de pagos en liña?
Pagos en liña seguros con Bizum
Métodos de pago en liña: cantos hai e cal debes utilizar