- Guía
- Empresas
- Primeiros pasos
Descubre como integrar Bizum
Antes de comezar
O teu banco é o provedor do servizo e acompañarate durante o proceso. Contacta coa túa entidade para coñecer as condicións comerciais, contratar Bizum e confirmar a opción que mellor encaixa co teu negocio.
Contacta co teu banco
Fala co teu banco para coñecer as condicións comerciais do servizo, confirmar que solución se adapta mellor ao teu negocio e formalizar a contratación. Como provedor do servizo, a túa entidade poderá orientarte e acompañarte durante o proceso de activación e integración de Bizum.
Integra Bizum na túa pasarela de pagos
Podes incorporar o pago con Bizum na túa plataforma integrando unha das pasarelas bancarias xa certificadas ou en plataformas de comercio electrónico
Bizum Pay
Bizum Pay é a única carteira dixital que permite pagar desde conta, con Bizum, ou con tarxeta. Só co número de teléfono asociado a Bizum.
Máis métodos de pago, a mesma experiencia de uso, nun só botón. Se xa tes integrado Bizum, o proceso é máis sinxelo. Contacta coa túa entidade para descubrir como.
Se o teu cliente non dispón de Bizum Pay, pagará como sempre desde conta con Bizum.
Comunícallo aos teus clientes
Inclúe o botón de Bizum ou de Bizum Pay e informa os teus clientes.
Indícao xunto ao resto de métodos de pago dispoñibles no teu comercio.
Simplifica o acceso co identificador dixital
Ofrece na túa web ou app un servizo de rexistro e identificación co número asociado a Bizum.
Os teus clientes acceden con menos pasos e utilizan un método que xa forma parte do seu día a día. Ti dispós de información verificada polos bancos.
Vantaxes
-
Rápido
Facilita o rexistro, o inicio de sesión e a compra.
-
Fácil
A súa integración é sinxela, especialmente se xa tes integrado o pago en liña con Bizum.
-
Seguro
Os teus clientes non xeran máis contrasinais e poden consultar onde se rexistraron e cando entraron.
-
Conversión
A simplificación do acceso favorece a conversión de compras no teu comercio.
Todo listo!
Unha vez contratado e integrado o servizo, xa podes ofrecer Bizum na túa web ou plataforma e comunicalo aos teus clientes.