Saltar ao contido principal

Aviso Legal

Bizum, S.L. (“Bizum”), con domicilio en Madrid, rúa Francisco Sancha, número 12, e con N.I.F. número B-87599478, inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, no tomo 35.043, folio 30, folla número M-630249, inscrición 1.ª, é a titular do portal accesible no enderezo URL https://www.bizum.com.

O acceso ao portal de Bizum e á información relativa a calquera dos produtos e servizos contidos nel confire a condición de Usuario e comporta a aceptación das condicións previstas neste Aviso Legal. Por iso recomendámosche que leas atentamente o seu contido se desexas acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos desde o portal de Bizum.

Validez da información

A información e as condicións contidas nestas páxinas son as vixentes desde a data da súa última actualización. Bizum resérvase o dereito a modificalas en calquera momento; nese caso, entrarán en vigor desde a súa publicación e serán aplicables a todos os usuarios do portal desde esa data. Os contidos do portal de Bizum, en especial as referencias informativas e publicitarias, salvo que expresamente se indique o contrario, non constitúen unha oferta vinculante. Bizum resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos do portal de Bizum cando o considere oportuno, así como a impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.

Establecemento de ligazóns a terceiros

Asistente virtual

O Asistente Virtual do portal de Bizum, “Bizzi”, é un sistema que facilita axuda aos Usuarios deste sitio web mediante un procedemento de preguntas e respostas e proporciona a información solicitada mediante unha resposta directa ou ben ofrecendo aos Usuarios a posibilidade de que desde Bizum, como titular do portal, se poñan en contacto con eles.

Os Usuarios comprométense a realizar un uso adecuado deste servizo, conforme ás condicións de uso aquí descritas, de modo que non inserirán a través del contidos inadecuados ou ofensivos.

En caso de que exista contradición entre a información facilitada mediante o Asistente Virtual “Bizzi” e a mostrada no portal web de Bizum, prevalecerá en todo caso a información proporcionada por dita páxina web.

Datos de carácter persoal

Bizum cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade. Bizum adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Informámoste de que os datos identificativos que poidas achegarnos ao utilizar a canle de comunicación “Contacto” da URL https://www.bizum.com ou a canle do Asistente Virtual “Bizzi”, quedarán incluídos nun ficheiro titularidade de Bizum, S.L. (domicilio social: Francisco Sancha, 12 -28034 Madrid), coa finalidade de dar unha resposta adecuada á solicitude de información realizada mediante o portal de Bizum. Rogámosche que no contido da consulta ou mensaxe remitida a través da canle de comunicación «Contacto» ou a través da canle do Asistente Virtual “Bizzi” te limites a incluír a información estritamente necesaria.

Informámoste de que podes exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos teus datos de contacto ante Bizum, S.L., con domicilio social situado na rúa Francisco Sancha, 12 – 28034 Madrid, indicando na túa solicitude os seguintes datos: nome, apelidos, domicilio para efectos de notificacións e fotocopia do D.N.I. ou de calquera outro documento válido en Dereito que acredite a túa identidade e petición.

Algunhas das páxinas do portal de Bizum dispoñen de “cookies”, que son pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do Usuario e que permiten aos nosos sistemas lembrar algunhas características ou preferencias de navegación do Usuario. Para máis información podes ler a nosa Política de Cookies.

Propiedade intelectual e industrial

O portal de Bizum, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nelas inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dos que Bizum é titular ou lexítima licenzataria.

Bizum non outorga garantía ningunha sobre a licitude e legalidade da información ou elementos contidos nas páxinas do portal de Bizum cando a titularidade dos mesmos non corresponda a Bizum.

Usos prohibidos e permitidos

Queda prohibida calquera modalidade de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, mediante calquera tipo de soporte e medio, das obras antes referidas, creacións e signos distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares. O incumprimento desta prohibición poderá constituír unha infracción sancionable pola lexislación vixente.

Queda prohibido, salvo nos casos en que expresamente o autorice Bizum, establecer ligazóns, hipervínculos ou links desde portais ou sitios web de terceiros a páxinas web de Bizum distintas da páxina principal do portal de Bizum, accesible no enderezo URL https://www.bizum.com, ou a que a substitúa no futuro, así como presentar as páxinas web de Bizum ou a información contida nelas baixo frames ou marcos, signos distintivos, marcas ou denominacións sociais ou comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.

Responsabilidades

Bizum non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e da información contidos nas páxinas do portal de Bizum, que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fóra do seu control.

Bizum non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros desde os que se acceda mediante ligazóns, hipervínculos ou links ao portal de Bizum ou a calquera das súas páxinas web, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos de Bizum, salvo autorización expresa desta última.

Bizum non asume responsabilidade ningunha con relación á información, contidos de todo tipo, produtos e servizos ofertados a través do portal de Bizum por terceiras persoas ou entidades.

Bizum non é responsable das inexactitudes que puidese conter a información proporcionada a través do Asistente Virtual “Bizzi”.

Bizum tampouco asume ningunha responsabilidade por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos producidos por:

1. Interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, atrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control de Bizum.

2. Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outro.

3. Uso indebido ou inadecuado do portal de Bizum.

4. Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas deste.

Lei aplicable

O contido deste Aviso Legal rexerase conforme á lei común española.

As partes someten a resolución de calquera litixio ou reclamación relacionado co sitio web de Bizum aos Xulgados e Tribunais do domicilio do consumidor.

Contámoscho por correo electrónico

As guías e consellos de Bizum, cando os necesitas.

Este sitio está rexistrado en wpml.org como un sitio de desenvolvemento. Cambia a unha clave do sitio de produción para remove this banner.