Saltar ao contido principal

Por que Bizum

Todo o que podes facer con Bizum, desde o teu móbil

Envía e recibe diñeiro, doa, compra e paga de forma sinxela, coa seguridade da túa entidade bancaria.

Tres formas de usar Bizum no teu día a día.

Enviar e recibir diñeiro

Envía e recibe diñeiro desde a app do teu banco utilizando só o número de teléfono. Sen pedir o IBAN e co diñeiro dispoñible en segundos.

Utiliza a ligazón ou QR de pago que che facilite o negocio ou indica o teu número de teléfono.

  1. Envía diñeiro:

    Entra en Bizum desde a app do teu banco, elixe a opción de enviar diñeiro, selecciona a persoa destinataria da túa axenda ou introduce o seu número de teléfono e escribe o importe. Antes de confirmar, comproba que o nome e a cantidade son correctos. Se a outra persoa xa utiliza Bizum, recibirá o diñeiro na súa conta nuns segundos.

  2. Recibe ou solicita diñeiro:

    Para recibir un Bizum non tes que facer nada máis: o diñeiro chegará directamente á conta vinculada ao servizo. Tamén podes solicitar unha cantidade desde a app do teu banco. A outra persoa recibirá unha notificación e disporá de sete días para aceptar a solicitude antes de que caduque.

Máis sobre enviar e recibir diñeiro

Comprar e pagar

Utiliza Bizum para mercar en liña ou pagar presencialmente desde a túa conta bancaria, sen introducir os datos da túa tarxeta.

  1. Compra en liña:

    Selecciona «Pagar con Bizum» durante o proceso de compra e introduce o teu número de teléfono. Recibirás unha notificación da app do teu banco para revisar a información e autorizar a operación. A compra conta coa mesma protección que outros métodos de pago e, se se realiza unha devolución, o importe aboarase na túa conta unha vez validada.

  2. Paga presencialmente:

    En tendas, restaurantes e outros establecementos, podes pagar sen contacto con Bizum Pay ou desde a app do teu banco, segundo a dispoñibilidade da túa entidade. Achega o móbil ao terminal de pago e confirma a operación desde a túa conta, coas medidas de seguridade habituais do teu banco.

Descobre todas as formas de pagar con Bizum

Doar e identificarche en liña

Bizum tamén che permite colaborar con causas sociais e acceder a páxinas e plataformas en liña dunha forma sinxela.

  1. Doa a unha causa social:

    Accede a Bizum desde a app do teu banco e busca a opción de doar ou achegar a causas sociais. Introduce o código de cinco cifras da organización, ou selecciónaa na listaxe dispoñible, indica o importe e confirma. A organización recibirá o diñeiro inmediatamente.

  2. Identifícate con Bizum:

    Cando atopes o botón de Bizum nunha páxina ou plataforma, selecciónao para rexistrarte ou iniciar sesión. Introduce o teu número de teléfono e autoriza o acceso desde a app do teu banco. Non necesitas crear un novo contrasinal e podes consultar que datos compartiches, revisar os teus accesos e retirar os permisos cando queiras.

Coñece todo o que podes facer con Bizum

Bizum Pay

A única carteira dixital que che permite pagar en comercios e establecementos directamente desde a túa conta bancaria, sen contacto

Descarga Bizum Pay

Este sitio está rexistrado en wpml.org como un sitio de desenvolvemento. Cambia a unha clave do sitio de produción para remove this banner.