Envía e recibe diñeiro, compra e doa de forma segura. Só coa túa conta e o respaldo do teu banco.
Estamos en cada paso
Actívao na app do teu banco e empeza a usalo. Fácil, rápido e co seu respaldo.
Paso 1:
Entra na app do teu banco
Comproba que a túa entidade ofrece Bizum. Se aínda non tes a súa app, descárgaa e busca a sección de Bizum.
Paso 2:
Actívao co teu número de móbil
Segue as instrucións da túa entidade para vincular o teu número de teléfono á túa conta e dar de alta o servizo.
Paso 3:
Fai o teu primeiro Bizum
Elixe unha persoa da túa axenda ou introduce o seu número de móbil, indica o importe e revisa os datos antes de confirmar.
Paso 4:
A seguridade, o primeiro
As operacións contan cos sistemas de seguridade do teu banco. Le os detalles antes de validar: recibir diñeiro non é o mesmo que aceptar unha solicitude de pago.
Tes dúbidas? Axudámoste
Bizum tamén
move causas
Para quen recada
e para quen colabora
Novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Coñece máis -
Que é Bizum? Moito máis que unha plataforma para enviar e recibir cartos
Se estás a preguntar que é Bizum, temos unha resposta! É o sistema de pago instantáneo promovido pola banca española que non poderás deixar de utilizar.
Coñece máis -
Todo o que necesitas saber sobre o código Bizum para facer doazóns
O código de doazón de Bizum é un identificador asociado a cada causa social para que a doazón sexa máis rápida e sinxela que nunca.
Coñece máis